para Rodrigo, en memoria.
Detede todos os reloxos, cortade o teléfono,
facede calar o can cun bo óso,
silenciade os pianos e con tambor amortecido
sacade o féretro, que veñan os doentes.
Que dean voltas en círculos os avións inconsolables
debuxando no ceo a nova da súa morte,
poñede crespóns nos pescozos brancos das pombas,
e que os gardas de tráfico vistan guantes de algodón negro.
El era o meu Norte, o meu Sur, o meu Este e Oeste,
o meu día laborable e o domingo de descanso,
o mediodía, a medianoite, a miña charla, a miña canción;
pensaba que o amor duraría para sempre: equivócabame.
Non queremos estrelas: apagádeas;
recollede a lúa e desmentelade o sol;
baleirade os océanos e talade o bosque;
pois xa nada volverá saír ben.
W.H. Auden
claro que Auden tamén se equivoca, o amor durará para sempre, todo sairá ben...
estás aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario