Sasha Drustskoy
Ás veces tento lembrar o corpo que tiña entón, porque nel
fíxanse as impresións, el lanza ó mundo as súas emocións. Pero non se me aparece
nada. Creo que nin unha soa vez pensei en agradar, mireime nun espello, pensei se
era guapa ou non. A miña mente estaba demasiado ocupada fóra de alí. En que?
Onde? Sería incapaz de dicilo con exactitude, aínda me que parece que en grande
medida gardaba relación coa linguaxe.
Anne Serre.
Pero minto e o meu corpo precisa paxaros e anacos de
vidro. E plumas. O meu corpo precisa o sacrificio, a fotografía, a luz do sol.
O ollo é imposible. A linguaxe é imposible.
O corpo non ten solución.