Sylvie Coupé Thouron.
No
fondo quería escribir sobre min. Sobre todo o que non contei porque non quixen
ou non puiden ou non existiu ese momento. Como se os momentos debesen existir.
Como se existisen.
Ultimamente
penso moito nunha escena de Les chansons d’amour. Chiara Mastroianni e Louis
Garrel discuten. Poida que el a insulte, ou iso vén despois, non sei. Entón ela
dille que só trata de comprender como era a vida de súa irmá antes de morrer. E
calan. Ou iso creo. Eu quero escribir sobre iso, sobre como foi a miña vida antes
de morrer. Convertelo en algo importante.
Quero
escribir sobre este momento. Ver fóra de min os meus ósos. Tocalos.
Ver os meus ósos en branco. Quero escribir sobre os meus ósos. Tratar de
comprender cal é o peso que soportan. Por que?
Ningún comentario:
Publicar un comentario