24.8.13
la nuit remue: apuntamentos.
e erguerse canso.
estaba a posibilidade de seguir lendo ou camiñar cara o centro do disturbio ata anegársenos os ollos de luz, ata que non sentísemos nada.
estaba a desposesión.
os homes construíron a alameda para albergarnos. todo tipo de pasos.
bailabamos e eramos salvaxes. quero dicir que o espazo era reducido. digo que as dimensións deformáronnos.
sentiámonos salvaxes. case nin nos medraron os dentes. a pureza do líquido e a súa transparencia.
Freddy Mercury non é un home. Freddy Mercury é un bigote.
antes sentar na rúa.
"non é fea, é normal. normal para quen lle pareza normal". e dixemos a beleza. nomeámola normalidade, vicio, hábito. imperfección.
e o azul. o primeiro azul. imposible fotografiar o azul. o que nos fai durmir. o reclamo das bestas.
despois seguir camiñando ata onde o corpo se acaba.
casa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario