La belle personne.
Christophe Honoré.
Frédéric ama a revolución.
Con todo, o nome é pura casualidade. Derívase dunha
semellanza física. Da delgadeza extrema do actor francés. A fotografía da fame
nunha esquina do cuarto. De xeonllos.
Frédéric é louro e ama a revolución. Ou cre nela. Claro que
se algunha vez existiu algo semellante á fe nomeámola desexo.
A beleza de Frédéric, como a da revolución, reside na súa
dificultade.
Vai frío. Fumamos.
(máis, no número 36 da revista Dorna)
Ningún comentario:
Publicar un comentario