(...)
Fágolle
o amor a Peter Pan. Que é un xeito de dicir a morte.
Non hai un antes nin un
despois. Só corpos que non saben medrar. Corpos aleitados con auga salgada.
Hai un momento no que deixamos de medrar. Eu fixen unha cicatriz no brazo dereito
ese verán. A cicatriz estírase, cambia de cor, desaparece, regresa. Teño unha
cicatriz que é Peter Pan. Teño unha cicatriz coma o sexo pechado dunha muller,
a boca tenra dun neno.
(...)
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario