8.4.13

19


Margaux Williamson


Recobrar a inocencia 
consistía en efectuar
cortes pequeniños, case imperceptibles
cunha coitela de afeitar
ou o bordo dunha páxina.
Flores vermellas e indoloras.
Un xardín enteiro para correr nel
e deixar no intento os nocellos.
Brazos ó aire.
Niso consistía ser neno.
En correr.
No movemento e nun aquel
de estar a vivir sen conciencia apenas
nin recordos.
De vivir nun recordo.
Nun golpe.
Un estar inédito e completo.
Mirarse ó espello e ver a pel en branco.
Pensar que estaría así para sempre.
Niso consistía ser neno.
En que non doese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario