21.2.13

a miña xeración



A miña xeración
comeu dos miolos crus do príncipe de Dinamarca.
Foi división inexacta,
linde dun terreo,
tara da vista que non é quen  de chegar máis aló da lúa.
Machucou  a dialéctica ata deformarlle o rostro
e escribiuno coas mans abertas na parede.
Fotografou mutilacións.
Manifestouse.
Desinfectou feridas que non se ven
noite tras noite,
perdidos nos mesmos parques,
nesa mesma incomodidade dos corpos grandes
que non saben que facer con tanta inocencia
en tan pouco vaso.
Excitou peles.
Sorriu nas fotos a carón dos mutilados.
Fixo promesas.
Caeu.
Seguiu caendo.
Aprendeu a caer.
Sóubose recoñecer nunha caída.

Ningún comentario:

Publicar un comentario