E despois de comer
as celadoras facíannos tragar os ósos dos
pexegos.
Eramos natureza morta,
paisaxe inconsolable contra o cabezal.
E lembras o meu peito a rebentar de formas
naquel día?
Todas as gasas que elas puxeron sobre a ferida
para que ti non chorases máis óxido
nin saísen máis cifras dos meus ollos,
máis verdades absolutas e tanxibles.
Porque todas as raíces son insondables
coma os corredores sen portas
e as chaves tragounas o tormento
de sabernos encerrados,
o sabor a carne de celadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario