vou volver escribir sen lector. como cando escribía para C
despois de que marchara. é dicir, escribo para a ausencia do lector. non é un
xeito de nostalxia. escribo para o lector que me sucede, que ben podería ser
eu. escribo para alguén que me malinterprete mellor.
*
o problema do método reside, realmente, en que todo canto
afirmo aquí, en que toda esa ausencia pasará a ser falsa a medida que o leades.
farase silencio. e isto non será un poema.
*
non é tanto o que vaia escribir sobre ti aquí. é máis o que
escribo sobre nós noutras partes.
*
e, non obstante, podería pensar:
chamo a A. escríbolle un correo a O. O non contesta. vai máis
frío aló arriba. M abrázame en silencio. L prohíbeme faltar a clase.
os feitos non nos salvan das palabras. os feitos non curan.
*
pero isto non é un poema non escrito. isto é a prohibición
de escribilo.
*
Dichtung und wahrheit
(fragmento)
L
Este poema que desexaba escribir debería ter expresado exactamente o que quero dicir cando penso a palabra Ámote, pero non podo saber exactamente que quero dicir; debería resultarme manifestamente verdadeiro, pero as palabras non poden verificarse a si mesmas. Así que este poema quedará sen escribir. Iso non importa.
Chegas mañá; se estivese escribindo unha novela na que ambos fósemos personaxes, sei exactamente como te recibiría na estación: adoración na mirada; na lingua retranca e lascivia.
Pero, quen sabe como te recibirei exactamente? […]

W.H. Auden.
*
que quero dicir se digo que te
amo? (aínda que non sexa certo)
dixeches: eu non vou marchar nunca.
agora tampouco teño claro que
iso fose unha declaración de amor.
dixen: podería estar así durante horas.
e iso foi unha promesa de
eternidade.
pero tampouco responde á
pregunta de para quen escribo. depende diso o significado da palabra ámote?
de calquera xeito eu preguntei
por algo moito máis pequeno.
*
‘para’: 8. Indica a persoa á que vai dirixida unha acción ou
coa que se establece unha relación.
Diccionario da RAG
*
penso: por que. non hai por que.
hai para. non sei para. non hai quen. só para. para non responde. hai que
esquecer a para.
hai que deixar de escribir para?
*
Todos os poemas son poemas de amor. Todos os poemas levan
unha dedicatoria.
A miña outra irmá
*
porque
o paso ben, porque es intelixente, porque es guapo
O: triste estás moi guapo.
*
And now a forest grows between us
Josephine Foster
*
il faut se taire. il faut se
taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il
faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se
taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il
faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se
taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire. il faut se taire.
il faut se taire. il faut se taire.
*
os astros
aries: que se decate todo o mundo de que está perdidamente
namorado/a. así, alguén poderá devolverlle a razón.
De luns a venres
*
o amante non debe ler nunca o
poema. o amante non é o do poema. o bico si. o aplauso.
*
penso: o amor non correspondido
en que converte os poemas de amor? ata que punto escribo agora co peito aberto
ou minto? ata que punto son ficción, desexo?
penso en Ted Hughes e Sylvia
Plath. no seu divorcio. nas Birthday
letters de Ted. en ata que punto ti me mentes ou te equivocas. e sigo
contestando por ti. para min. desde o silencio.
*
el evento de caer
nunha clase de Gramática
española 1
*
dedicar un poema é o xeito máis furioso de botar de menos.
(as imaxes son de Joe Webb)
Ningún comentario:
Publicar un comentario