Alain Jacquet
Habería que falar primeiro dos días festivos. Da esterilidade
dos meus ósos nos días festivos. O baleiro clínico do meu estómago. Paguei toda a noite para que así fose.
Os domingos espertabamos
coa boca seca.
Había tres estranxeiros sacando fotos. Un levaba a camisa
aberta. Había un rapaz estranxeiro coa camisa aberta sacando fotos. Vino nun
cadro de Delacroix. Bebian cervexa.
Hai que falar de como me ducho pola mañá
e de como bebo auga da ducha.
A postura ritual do meu pescozo.
Entrounos o flash polo nariz. Despois un descoñecido
regalounos a chaqueta e iso era ilegal. Polo menos, nesta parte da cidade.
Había un descoñecido coa camisa aberta.
Parecía limpo.
Os domingos espertabamos coa boca seca,
debaixo do sol.
Almorzabamos no parque.
Encantoume.
ResponderEliminarhttp://www.azucarycenizas.blogspot.com.es
Moitas grazas Irene! :)
Eliminar