Enfocado de costas
parezo Julie camiñando dislocada e azul.
Unha traxectoria de cine.
Sabías que as rúas son mentira?
Non aquelas,
senón estas.
E non é o único falso aquí.
Tamén as miñas mans,
que nunca son tan brancas como ti dis.
A túa mirada conspírame fráxil demais.
O francés éntrame pola caluga.
O frío non, o frío vai
de boca
en boca
e chega a nós
xa mollado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario