Charlotte Caron.
Miña
irmá e miña prima saen da piscina
e
sentan nunha toalla ó meu carón.
Levan
postos biquinis cor pastel.
As
formigas sóbenlles polas pernas ata o ventre.
Os
seus peitos pequeniños coma flores sen aroma
por
debaixo do tecido mollado.
Falan.
Deciden
que a máis guapa será a que máis formigas
teña
sobre a pel.
Miña
prima é loura e espigada,
os
seus peitos apuntando aínda as augas frías da piscina.
Miña
irmá é quen de ver o campo baleiro
e
intuír o peso do seu froito.
Non
é culpa súa.
Diante
de nós a casa proxecta a súa sombra.
As
formigas mórdenlle a carne pero elas seguen caladas.
Miña
irmá mata unha formiga sobre a coxa dereita.
Sabe
que outras virán buscar o seu cadáver.
Faise
tarde
e
ninguén gaña.
Dentro,
meus pais toman café.
Ningún comentario:
Publicar un comentario