12.6.12

viaxe en coche moi cedo, pola mañá.

It's time, meet me on the sunny road.

Emiliana Torrini

Pola tarde, o sol amosábase completamente vermello, as sucesivas árbores deixábano entrever e así o bosque resplandecía. Metiamonos pola estrada que chamabamos das Sereas, logo pola estrada do Far West, logo por outra que non tiña nome. As últimas praderías antes do pequeno val eran verdes e puras; ó atardecer, chamuscábanse de luz, rodeábanse de sol, vibraban, no silencio inmóvil, ó longo do horizonte donde cortaban a Terra e daban, na súa inmensidade final, a sensación de redondez do mundo, da eternidade.

Marien Defalvard



Hoxe erguinme cedo. O meu estómago nin sequera estaba preparado aínda para almorzar. Todo o meu corpo pechado ós perigos da noite. A miña boca lembrando as palabras adecuadas.


Fóra, a luz estaba morta. Estaba amortallada baixo a peso do ceo. Baixo a peso das miñas pálpebras. Dos meus movementos ó montar no coche e deixar caer a cabeza contra o cristal. Os meus esforzos reunidos en manter o interior morno. Cada órgano.


Despois choveu e seguimos conducindo. E atravesamos un banco de néboa. E acudiume a náusea. Descoñezo o nome cifrado das autoestradas. Ós bordos a vexetación está desgastada. Todo é da cor do cereal. Todo, froito desa inclemencia. Dese ardor.


Pero de súpeto paramos e agardamos. Agardamos moito tempo. O sol non se presenta e volvemos durmir. Durmimos para non perdernos. Porque dentro de min é sempre setembro e o sol sae. E o mundo amarela. E o sangue, corre morno.

Lonxe, o motor aínda acendido e ti que non chegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario